sábado, 4 de junio de 2011

LEMBRANZA DE NEIRA VILAS, CANDO REMATA A FEIRA DO LIBRO






Agora que está a pique de rematar a feira do libro na Alameda de Ourense, unha pequena achega de Xosé Neira Vilas que velliño de tres pés, e moi lúcido, inaugurou a Feira do libro na Alameda de Ourense. Lembrouse da Xeración Nós, e de Blanco Amor, claro. E calou.

Nado en Gres (Cruces -Val do Ulla-, Pontevedra, o tres de Santos de 1928), escritor e membro da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, cidade onde residiu dende a década dos anos sesenta. Agora reside na casa natal, convertida en sede da fundación que leva o seu nome. 


A súa extensa obra abrangue:
- a prosa narrativa: Xente no rodicio (1965), Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968), A muller de ferro (1969), Remuíño de sombras (1973), Aqueles anos do Moncho(1977), Querido Tomás (1981), Tempo novo (1987), Papeis (1992), O home de pau (1999) e Relatos mariñeiros (2003).
- a narrativa infantil: Cartas a Lelo (1971), De cando o Suso foi carteiro (1988), Chegan forasteiros (1993).
- a poesía: con títulos como Inquedo latexar (1969) ou Poesía recadada (1994); as lembranzas: Lar (1974), Nai (1980), Pan(1986).
- investigación ou testemuña, caso de Memoria da emigración (tres volumes, dos anos 90), Crónicas Galegas de América (tres volumes, 2000-2002), O sarillo do tempo (2004), Xentes e camiños (2005), Arredor do mundo (2007), Lóstregos (2009) ou A presenza galega en Cuba (2010).

Memorias dun neno labrego (1960) é das novelas fundacionais da narrativa galega contemporánea. O seu autor escribe unha suposta autobiografía de infantil Balbino, un rapaz de aldea que vive nos anos corenta. A capa e contracapa é do gran Luis Seoane, que ilustra perfectamente como o neno está nun interior pechado, illado... Logo, o Balbino / Xosé Neira viaxará a terras lonxanas, alén do mar, vivindo alá por moitos anos... Para conmemorar o L aniversario da súa publicación a Ed. Galaxia ben de facer unha edic. especial ilustrada por Xaquín Marín. Cándido Pazó no Salón Teatro de Santiago de Compostela, representou a obra en forma de monólogo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario