jueves, 1 de marzo de 2012

Méndez Paz recorda os seus soños


Nova exposición en Ourense (Centro Cultural, Deputación), desde hoxe xoves, primeiro día do novo mes, deste pintor e pedagogo, cuxa traxectoria veño seguindo dende fai lustros. Traballa en Vigo, máis é un miñoto ourensán da marxe sur, terra dos claros viños Campante do Ribeiro de Castrelo de Miño, onde naceu en 1957.

Intervención do artista. Detrás autoridades e o presentador.
O artista había exposto a súa obra na nosa cidade con anterioridade nas paredes da sala do Ateneo en maio de 2009.

"Vin un apacible recuncho"
Un acuarelista de ampla mancha e fonda dinámica que nos amosará as súas imaxinativas obras nas que conviven as nubes e a terra nunha dinámica fértil e evocadora.

"Só eran catro casas"
Ramón Méndez Paz nos amosa a súa visión, saída dunhas viaxes imaxinarias, por máis que sexan unhas terras que están preto de nós. Máis o artista non pinta todo o real e o concreto, ese termo medio non é para Moncho Méndez, xa que logo ese deus pragmático, apacible e comedido que disecciona calquer fragmento, non gusta dos seus pinceis: prefire comprometerse nos amplos e desconocidos camiños da representación dual de terras e ceos en dialéctica interacción.

Como Marzo, entre a estación da escuridade e da friaxe, a da luz e o calor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario