martes, 6 de marzo de 2012

Vaise o novo Abade de Oseira sen concluir o seu mandato...

O día da súa elección na Igrexa monasterial de Oseira (concello de San Cristovo de Cea)
       O 29 de xuño de 2009 o Bispo da Diócese D. Luis Quinteiro Fiuza consagrouno como Abade: Dom Juan Javier Martín Hernández ( Sonseca, Toledo, 1969). O mes anterior (18 de maio) os moxes da Abadía de Santa María la Real de Oseira elexírono por Abade por un período de 6 anos.

       Había profesado como monxe en San Isidro de Dueñas (Palencia) a fins de 1999, sendo elixido polo Abade como Superior ad Nutum de Oseira en maio de 2006 -por enfermidade do anterior Abade-. Logo, aínda foi ordeado como sacerdote en solemne cerimonia na igrexa de Oseira (abril de 2007).

Foto oficial na Biblioteca histórica (by Mani Moretón)
             El  pasado sábado ha sido elegido como Abad de su casa madre en la reunión ad hoc de San Isidro de Dueñas (conocido como La Trapa, Venta de Baños, Palencia), pues tenía derecho a voto. Presidió la reunión Dom Jean-Marie Couvreur, Abad de Sainte-Marie du Désert (Levignac-Francia) -casa madre de Dueñas desde 1891-, siendo ratificado por el abad general de la Orden Cisterciense de la Estricta Observancia (O. C. S. O.) Dom Eamon Fitzgerard.

Dueñas, a casa nai de Oseira: pequena, a carón de dúas estradas, máis chea de monxes...
       Éis pois Santa María de Oseira unha sucursal de S. Isidro de Dueñas (corenta monxes, fronte a catorce, hoxendía): frei Juan Javier veu de Castela para facer un meteórico 'cursus honorum', que o leva agora ó control da súa Casa de Palencia.

Mentres, a casa ursariense queda dun xeito sorprendente, descabezada...

No hay comentarios:

Publicar un comentario