sábado, 26 de mayo de 2012

O Grupo Francisco de Moure entrega o XIVª Premio do Patrimonio Cultural


Para o brindis do acto, elegante e sinxelo

O Grupo Francisco de Moure entrega o Premio do seu nome en defensa e acrecentamento do Patrimonio Cultural de Ourense. Nesta vota nº XIV (Premio 2011) fixemos a entrega no Liceo, a Serafín Marqués, Deán da catedral, e o artista Manuel Vidal unidos pola xenerosidade dende a arte: este pola obra "A Cea de Emaús", para a Capela do Santo Cristo da Catedral, e aquel como mecenas. Acompañáronos as autoridades civís o Delegado da Xunta de Galicia, e o Subdelegado do Goberno, ademáis de membros do Cabido, amigos e alumnos.

O Grupo cos premiados ( J. Regal, no FdV). As autoridades civís na 2ª liña: Delegado da Xunta de Galicia e Subdelegado do Goberno, diante do que está Mercedes Gallego, hoxe alto cargo en Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que foi Presidenta fai uns anos.

Na laudatio Manuel García fixo unha semblanza do Deán da Catedral, dende a súa condición de periodista que ten o seu mundo como tema recurrente, pola súa especialización en asuntos de patrimonio. A do artista fixémola nós. Tan só unha frase, a modo de elucidar a súa actuación: "fuxindo dos vaivéns da arte coetánea o mestre é capaz de ver a esencia do real, e camiña o se seu propio camiño liberándose dos dicterios das masas e rachando cos espellos". Os textos poderán ser lidos nun próximo número da Revista do Grupo, Porta da Aira.

O profesor Limia Gardón durante a súa laudatio do mestre Manuel Vidal. Ó seu lado o secretario do Grupo, Manuel A. Pereira, os premiados, Miguel A. González, Presidente do colectivo de estudosos da arte, e Jesús M. García.

"Estos tiempos de crisis son para celebrar iniciativas de mecenazgo como esta, que salen del corazón", destacóu o Presidente do Grupo no seu breve e sentido discurso introductorio. E os premiados, no remate do acto os premiados "He sido un privilegiado acompañante de Manuel Vidal en esta empresa", indicóu o Deán; "Pintar este cuadro es uno de los sueños artísticos más importantes de mi vida", sinalóu pola súa banda o artista.

As mans de Manuel Vidal,  mestre da Arte, arredor do seu agasallo material...

Manuel Vidal (Boente, Arzúa, 1945), reside entre nós desde 1957. É un recoñecido artista da paisaxe, mais tamén ten feito logradas composicións simbólicas figurativas, entre as que se pode destacar a obra dedicada ó poeta Celso Emilio Ferreiro "Monólogo do vello traballador". Serafín Marqués (1930, Outeiro de Paizás, Ramirás) é sacerdote, Deán da catedral. Este profesor e teólogo é ademáis poeta, do que teñen saído do prelo catro libros: ‘Anacos da vida’ (1999), ‘Más allá del horizonte’ (2002), ‘Ventos da terra’ (2004) y 'Ribeiras do Miño' (2005). Con unha poesía dedicada á catedral concluíu a súa intervención.

Logo, fomos agasallados con un viño xeneroso e bica (como se adoita facer en circunstancias singularers no mundo da catedral).  Vide ut supra (tódalas fotos -agás a mencionada-, son do mestre fotógrafo Mani Moreton, compañeiro do Grupo Francisco de Moure. O bodegón chapeau!).

No hay comentarios:

Publicar un comentario