viernes, 29 de junio de 2012

Gallaecia Pétrea (II): dende Ourense

Velaquí alguns dos paradigmas pétreos de Ourense -recentes no coñecemento, e con polémica como o primeiro deles, puidéndose mencionar tamén neste eido que atinxe á posesión das pezas descubertas outros casos como o duns miliarios fai uns anos perto de Castro Caldelas-. Mais non son todos os que están...

Un.- A "pedra de Castrelo do Val" gardada polo seu descubridor



Dous.- Unha vista aérea, na zona de Porto Quintela
Aquis Querquennis (Bande) a carón das augas do Limia, antigo Lethes (hoxe embalse
das Cunchas), que anegou Ponte Pedriña. Dinastía Flavia (et Dr. Rodríguez Colmenero...)
Tres.- Algo máis das Terras que comezan a ser coñecidas como "o Bosque máxico".

Friso de Rubiás (Bande), séc. II aC-séc.I d.C.
Catro.- Unha peza de arte relixioso dun escultor da época do Xeneral Franco, Antón Faílde (+1979).


Cinco.- O gran Acisclo Manzano nun momento da súa conversa co máximo mandatario da Xunta de Galicia, diante da súa obra que sen ser de pedra (sic !) evoca a materia de que están feitos os soños (de pedra). Velaquí unha aposta de xenio dun creador na madurez expresiva!  (xa para o Xacobeo 2004 como As Portas da luz sendo Pérez Valera conselleiro).



Seis.- Falta por incluír a Manolo García de Buciños (parella de bronce e pedra, pero a foto de M. Moretón non chega). Tódalas ilustracións incluidas son tomadas da prensa, e da web ad hoc da pétrea e desmesurada exposición que cun orzamento superior ó millón e medio de euros ven de ser presentada (seis meses sobre palés...).


No hay comentarios:

Publicar un comentario