jueves, 6 de septiembre de 2012

Son soños, e tamén arte

Tres motivos plásticos dunha visita a Allariz a fins de agosto.

I. APARICIÓN DA BANDEIRA Ó VENTO


No horizonte, dominando a Vila, o castelo dos soños -do que dubidou D. Vicente nalgunha ocasión- renace: sobre cornixas e tellados, encima das árbores, a bandeira branca e azul !
(Foto tirada o derradeiro día do pasado agosto).

II. UNHA NOVA ESPECIE DE ÁRBORE


Obra de Xurxo Oro Claro, no patio urbano da Fundación Vicente Risco. Luminoso, metálico, a funda agacha unha árbore morta (creación do artista exposta con unha manchea deles na igrexa de San Domingos de Bonaval, na sala Capitular do Mosteiro de Oseira...).

III. 'AMORES SON AMORES'

Relevo cerámico de Acisclo Manzano na súa exposición da Fundación Vicente Risco (Allariz). Firmado e datado: 1983.

Dúas parellas a cadanseu lado da cabeceira do tálamo.
                               Úlos soños ?,
                               úla vida ?
                              ( canto amor !) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario