miércoles, 19 de junio de 2013

Agora que se vai Andante...



Alberto Corazón -  Edipo [exercicio de agudeza mental: e o molde está en...].
Dende o molde dos zapatos, sen uso, o alaricano Ramón Álvarez tivo unha idea piramidal: que escultores e pintores, inspirándose nos moldes de madeira, lle fixeran unha obra gratuíta..., e moitos aceptaron, en Allariz e noutras partes de Galicia. Son máis de cincocentos, e medrando, en contaxio papaleisón...

Nuria Bolívar - Hacia un nuevo destino

Aquí están os vellos, para seguir bailando, ata os que queren seguir na rolda, pasando polos que pretenden entrar nela. Mais este ritmo failles perder o pé, agás ao compracido dono da nova colección hors d’âge. O conmovedor do feito é que escoiten un son non musical emitido sen frauta parecéndolle a todos unha sonata para violín de Mozart (andante é ritmo musical). 

María Naranjo
Enténdese que acepten Verino e Moncho Borrajo, Perdona Bonita, Vilariño, Chris Fotógrafa e Vari Caramés, pois a idea esténdea a fotógrafos, escritores, danza, gastronomía ou música (sic); mais sorprende que non fose un encargo en Manolo Paz, Alfonso Costa, Paco Pestana, Acisclo, Karballo, Soledad Penalta, Masiá ou Julia Ares, e outros escollidos entre os máis novos. 

David Rodriguez Toro - Amiotico
Elsa R. Aranguena - Fashion victim [ qué gran título para o conxunto da 'colección'].
Sula Repani, Xoti de Luís ou Nicolás fan unhas acaídas composicións, pero hai moitos bonny swans nesta vaidade colectiva [incluso o Pte. dos Arquitectos de Ourense dixo por escrito que estaba a crear (sic) unha obra axudado pola síua neta !!!]. Eis a constatación dunha idea excelente que se disolve a fume de carozo. Gustará -dixemos en 13.V.2013, La Región- este espectáculo de imposturas, con aire de mostrador de feira, por mais que o que nos eleve da vida cotiá sexa o arquetipo: o verdadeiro teatro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario