martes, 30 de julio de 2013

Expón Manolo Paz no 6º do Mº de Pontevedra

No VIº Edificio o Mº de Pontevedra hai unha "Lúa azul": eis a exposición do artista da escultura Manolo Paz, que coordina David Barro. Un título dende a cor da pedra granítica de Bahía (Brasil), coa que está a traballar nos últimos tempos, mais tamén é o azul da auga... (do mar tamén?).




Son 24 obras -algunha delas de 1996-, escollidas para acompañar as novas que esculpiu, ex professo para esta aventura expositiva no gran museo galego do sur (qué envexa dende Ourense, onde non existe -pechado sine die, dende comezos do milenio por mor de...-, e seguirá por anos así !).

Paz semella triste entre a instalación de cordas empalilladas (Cia. JJ Chicolino) 

Seica cada tres anos coinciden dúas lúas cheas nun mesmo mes: velaquí a 'lúa azul'. Hai unha instalación coas cordas das bateas, remedo de paisaxe submariña (experiencia que continúa a da Fundación Miró), e tamén o 'berro enfurecido' do desastre do petroleiro Prestige, e os volumes de cores (as estacións) que pendura da parede como si dun pintor se tratara, xogo creativo dun gran escultor. A bipolaridade entre a pedra natural máis dura e a superficie que pulimenta está tamén presente, nesa composición en forma de volvoreta, que fai tamén (como en Ourense fai pouco) en madeira.


Resaltando os efectos cromáticos, aproveitando os debuxos naturais da piedra, hai sempre unha abstracción figurativa.


Na primeira sala da exposición están as 'pedras habitadas' (Paz dixit). E na parede as 'Estacións'...

'As pedras teñen días, non podes entrar a rematar a obra enseguida, hai que empezar e traballar varias obras ao mesmo tempo, buscar a proporción, o ritmo, a harmonía, a textura, a cor... e imaxinar. As pedras son como as persoas, son todas diferentes, e moitas delas agochan cousas que hai que sacar'.

Na súa máis recente traxectoria, ademáis da exposición en Ourense aludida, está a colocación en 2011 dun novo 'Menhir'. Encargo de Aena para o acceso das novas instalaciones de Labacolla. No mesmo ano foi nomeado académico numerario da coruñesa Real Academia Galega de BB.AA. Nª Sª do Rosario... 

Premio da Cultura Galega (Artes Plásticas, Xunta de Galicia); e 'Ramón Cabanillas (Concello de Cambados). En 2010 o Arcebispado encargaralle a cruz do altar do Papa Benedicto XVI (Obradoiro).





No hay comentarios:

Publicar un comentario