sábado, 26 de octubre de 2013

Gastronomía de estación no Bosquemáxico de O Viso (Ramirás)

Juan Cortés, logo da cea, na súa cociña
Achegueime coa miña dona no pasado fin de semana a coñecer o novidoso proxecto que nos invita a entrar no territorio do Bosque máxico (vide infra mapa) da man duns sabores estacionais da cociña.

E compartimos mesa co seu creador e un dos dinamizadores Toño Monteiro, e maila súa dona: a tal fin nos desplazamos para degustar o menú que Juan (Xan) Cortés elaborou na súa cociña da Casa Ramirás -no concello do mesmo nome- en O Viso.



Baseado na cachena, cogumelos e a mazá 'boi encarnado', elabora neste proxecto cada 'finde' para cear de primeiro mousse de bacallao e noces con mazá crocante. O segundo salteado de bolletus e panceta con ovo escalfado e chips de allo; sendo o terceiro a 'pièce de resistence': carne cachena en costra e millo con cabazo, castaña e pera ao viño.


Terralonga



A proposta da casa rural ten así un nivel distinto máis alá da pernocta: un valor engadido desde os sentidos e sabores dunha cociña fundante que completa con unha carta de viños das D.O. da terra.

Hai que engadir os paseos de natureza polos sendeiros boscosos ata o Río Tuño e máis aínda do Arnoia, bancais estes de onde proceden os caldos da D.O. Ribeiro, de Bodegas Nairoa: Alberte ou Terralonga

A arte relixiosa da parroquia de San Andrés de Penosiños, en Vilavidal, e a máis monumental do antigo Mosteiro, nas inmediacións, en territorio máis montuoso deben completar este menu degustación: excursión turística vespertina con cea.

A Restauración é unha labor de creación que é arte culinario e cultura. Xan Cortés foi discípulo de Santi Santamaría (1957-2011) en 'Can Fabes', é dicir, un camiño de modernidade sen perder a identidade que é nacional, dende o culinario !!!
Velaquívos deixo o link da Web de O BOSQUE MAXICO

A Casa Ramirás consta de dous edificios con xardin intermedio. Un proxecto de C. Rural con cociñeiro e cociña !!!


                                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario