martes, 4 de febrero de 2014

Marcos Covelo en Alterarte



E agora, chega Marcos Covelo á Sala Alterarte, do Campus universitario, para amosarnos dez graffitis que viu nas paredes de ¡Berlín! Segundo sinalou, esta 'colección é froito dun ano de traballo que comezou sacando imaxes coa cámara fotográfica do móbil, que continuou coa toma de apuntes e bosquexos nun caderno e que rematou coa coidada e fiel reprodución con ladrillos de miniatura'.

Son dez frases en diferentes idiomas, que reproduce con afán de documentalista. Así 'Ningunha nación, ningunha fronteira' (en inglés), 'Se alquila conciencia' ou 'Jesucristo mi único abogado', expresións de protesta e de comunicación, son como todas de 2011, de cando a Beca Erasmus en Berlín, logo de licenciarse o ano anterior en Belas Artes pola Universitat de Barcelona.


Un dos 'muritos' (palabra que deixa ver o emprego de inicio do castelán
Estamos ante a primeira mostra individual de Marcos Alberto Covelo, algo menor sen dúbida, apenas un apunte dun estudo escolar, mais que dunha empresa madura. Non tal, para Nono Bandera, o comisario artista e docente da U.Vigo desta 'Ceci n'est pas un mur' inspirada nunha coñecida obra de Magritte, da que aproveita tan só o título. O 'Estado Crítico 2' desta volta semella oportuna ante os lamentos pola situación das Becas Erasmus e, de xeito implícito, da comunidade educativa.



O xove artista nacido en Vigo en 1985, ten xa ronsel exposto en recentes colectivas en Vigo e Berlín: un novo valor, seleccionado no Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo 2012. A súa primeira participación foi en Ourense no Certame de Artes da Deputación en 2009, na que acadou o terceiro premio coa obra 'No justice', chea de interese e ironía, e na que se puido ver a súa praxis plástica. Con ela camiña agora, polo que sabemos, con instalacións en paredes interiores, utilizando tamén o cristal.

Marcos Covelo: 'No justice', 2009.
Ben está que Alterarte sexa o espaldarazo, e Ourense a sala espazo da primeira vez, mais a Vicerreitoría aínda podería implicarse máis saíndo á cidade, e deixar pegada colaborativa nela, logo das décadas transcorridas. A das paredes é pasaxeira, xa é sabido, pero Marcos Covelo -tamén coñecido como M8K8- limitaeíase a recoller frases para os seus 'muritos' (sic), ou deixaría algunha en Berlín?
                                                                         *
                                                                         *

No hay comentarios:

Publicar un comentario