lunes, 5 de octubre de 2015

Ledicia Costas/Víctor Rivas, Premio Nacional de Literatura Infantil


Ven de acadar o
'Premio Nacional de Literatura Infantil'. 

Foi editado en setembro de 2014.

A nosa noraboa polo texto e imaxe, unión dirixida dende a dirección editorial de Manuel Bragado Rdz.

Velaquí os premios acadados neste breve tempo ata o Premio Nacional:

Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - 3ª edic., Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014; 

Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014; 

Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano, 2014.



SINOPSE:

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.






Ledicia Costas (Vigo, 1979), avogada de formación, e profesión que abandonou pola escrita, é autora de libros para o 'público infantil-xuvenil': 'Unha estrela no vento' (2000), 'O corazón de Xúpiter' (2012), e 'Recinto Gris', 2014, todos eles na Editorial Xerais, como o premiado.

E tamén 'Xardín de inverno', (2012, Ed. Everest Galicia, poesía) e o máis recente 'Inmundicia e Roñoso', (2015, Ed. Tambre).

'Un animal chamado néboa', ben de ser presentado espe verán de 2015 pola editorial de referencia dela, Xerais. E cambia o seu rexistro pois é para un 'público adulto' 


Victor Rivas (Pontevedra, 1965) é un profesional da ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual dende 1989. A través dunha axencia de Nova York (Shannon Associates) a súa obra se está a espallar por todo o mundo. Gusta dos mundos fantásticos e as estéticas vitorianas. 


Para Xerais ten ilustrado os libros de Fina Casalderrey (Dúas bágoas por máquina) e Andrea Maceiras (Volverás, golfiño, 2014). Ilustraciones en Solo Jake de Jake Marcionette (2015)... Cómic: Red Ridding Hood, Abastos, Legendë, Retranca, Harry Pórrez...

No hay comentarios:

Publicar un comentario