miércoles, 11 de mayo de 2016

Eremitas e alucinacións de Eduardo Outeiro

Xabier Limia de Gardón.
Arte et alia. 

A xeometría infinda dos desertos



A ilusión do deserto africano, onde se mergulla Eduardo Outeiro nun exercicio pedagóxico por representar ‘o xardín florido de espíritos solitarios’, dixo a modo de presentación de ‘Cosmoclasia’. Este licenciado en Belas Artes pola UVigo, diante do seu profesor Ruiz de Samaniego, quen aproveitou a presenza dos media para mencionar a idea da ‘desertización da alma’, unha entelequia.

Eis a transformación do Ser, dende a ascesis extrema, de xeito consciente e sen contacto humano, entrando no interior na procura da esencia, para transformamos, cada quen a sí mesmo, un baixarmos ata o pozo onde está á fonte. Neste camiño no que o espírito guía ao corazón xurden quimeras e fantasías propias de toda experiencia extrema, así os medos se proxectan en corpos de animais, que o artista amosa: o crocodilo, a rá, a panteira. Pintados entre luscos e fuscos, con eles dialogan pequenos homes espidos, corpo animal e mente pensante. O cráneo, e a mandíbula, falan.


Trátase de discernir, diferenciando o real do imaxinario, e no ermo desértico, nese espazo dos desertos de Exipto, naquela mítica e real Tebaida, que chegou ata nós, vía Túnez, ata o Bierzo e a Ribeira Sacra: esta ben sendo un mundo sen xente entre árbores e rochas, de duras condicións para a vida. Mais neles, semella que o artista, e o mentor, non matinaron...



A experiencia inefable facía que estos homes se convertesen, unha transmutatio verdadeiramente alquímica: velaquí o paralelismo cristiano, como o propio Jung se decata. E chegar así ao xardín esencial da palabra (logo o galgo virá á cidade, para achegarmos a experiencia).

Unha obra ben podería levarse ás clausuras monásticas e, dende o que comunicasen os monxes/as, facer outra achega, menos intelectual...

No hay comentarios:

Publicar un comentario