miércoles, 22 de noviembre de 2017

JON GOROSPE EXPONE 'ENVIRONNEMENTS' EN OURENSE








Jon Gorospe, de Gasteitz (Álava), y sus ‘Environments’ abren el Outono Fotográfico XXXV en el Mº Municipal.

Un proyecto que tiene mucho de ensayo conceptual...




El fotógrafo gasteiztarra pretende que deambulemos por los espacios en los que los residuos de las ciudades se acumulan, lejos de ellas. Lejos lejos, que huele, y huele mal, y por ello la consciente oscuridad de las fotos, color de base desde el que emergen las estructuras de acumulación y reciclaje de los diversos residuos humanos...

La foto en primer término es 36°48’42.78”N 114°56’4,58”.
En las series de fotos que se pueden ver en las paredes y en los pedestales ortogonales más bajos, un recurso este desde el que tenemos la sensación de la vista de la cámara colocada en el dron, con las coordenadas en cada una, ubicación precisa de las islas de residuos, mas para ello debemos convertir el código identificativo cartesiano en un topónimo, o lugar...


El trabajo de Gorospe quiere ser un ‘sistema de balizas’ de estos espacios discretos al que se llevan, lejos de las ciudades, lejos de nosotros, nuestros residuos. Estos son, no lo olvidemos, un gran negocio, para las administraciones públicas, y sobre todo, privadas, tema en el que el autor no se centra...


Son apenas unos fogonazos creativos a estos escenarios. Están en nuestro entorno desde siempre, creciendo con la densificación de éxodo rural hace unas décadas, conformando paisajes de película de lumpen proletariado, marginación..., que anuncian un apocalipsis, para el autor...

Edic. en tapas duras de Difusora de Letras, Artes e Ideas,
Ourense, 2016
La muestra fue Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2016. La exhibición pública fotográfico y audiovisual en Galicia comenzó comenzó en el Pazo de San Marcos de Lugo hace un año, tras el premio. Mas dos años antes había sido mostrado en el Centro Cultural Montehermoso Kulturunea, el hermoso Pazo de los Aguirre de Vitoria, capital de Euskadi, la ciudad que llaman verde.
El Fotógrafo, Anxo M. Lorenzo, secretario Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia, Xosé Lois Vázquez, Director Outono Fotográfico, Vítor Nieves, comisario,... en un momento del acto de presentación en Lugo. Debajo, pormenor de la sala...
En B&W, el color de las obras, con las vistas aéreas en soportes-islas, metáfora de la opacidad...

lunes, 20 de noviembre de 2017

A Arqueoloxía dende a fotografía aérea





O Museo Arqueolóxico de Ourense, con ‘Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia’, coordinada por Xulio Rodríguez e Manuel Xusto.


Na sala da Praza maior o Arqueolóxico amósanos o rico patrimonio arqueolóxico do noso País Galego. Dende paneis fotográficos con imaxes oblicuas a cor dos anos noventa, outras verticais dos anos 1956-1957, o voo interministerial 1973-1986 e o Voo americano, rexistros todos da fototeca dixital do Instituto Geográfico Nacional.





Hai ademais en vitrina libros, e algunhas cámaras, maquetas e fotografías con lupa, abano co que podermos facer idea das posibilidades para coñecer e recuperar mais tamén preservar o noso. Eis o proxecto expositivo case unha reivindicación da importancia do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, creado en 1943, e da Sección de Arqueoloxía, daquela na vangarda... 


Vemos aquí castros marítimos, no cumio de outeiros, e ladeiras, nun meandro dun río ou tamén en explanadas. E con eles exemplos da romanización e dos castelos medievais. Esta técnica da fotografía aérea, que nos comezos era unha mera auxiliar é agora fundamental, para axudarmos ao coñecemento e á recuperación da nosa memoria arqueolóxica.


Na expo destaca a maqueta do castro de Barbantes (as Laias, o Castelo) que non aparece no catálogo. Realizada por Miguel Ángel López Marcos e Pablo López González, reproduce con precisión monte e o castro no tempo da construcción da autoestrada.



sábado, 18 de noviembre de 2017

Xosé Lois Carreira premiado na Bienal de Arte do Eixo Atlántico


'América', obra do pintor e escultor  Xosé Lois Carreira, foi premiada na Bienal do Eixo Atlántico 2017.

A obra premiada. Foi exposta en Ourense en agosto de 2014, no proxecto Vidas Entrecruzadas.
Trátase dunha obra feita con acrílico e óleo en táboa, de 110 por 80 centímetros. Segundo o autor é "unha viaxe de ida e volta entre dúas personaxes, Hemingway e Vespucio, que surcan as augas do Océano Atlántico; unha odisea homérica entre o Vello e o Novo Mundo. O bisonte, metáfora do escritor americano, é un animal prehistórico actualmente confinado en zonas protexidas de América do Norte e Europa do Leste, e que levou a cabo a mesma viaxe colonizadora do afamado navegante italiano desde Eurasia a América".

Os bisontes foron declarados especie protexida en risco de extinción e na actualidade sobreviven confinados en reservas de América do Norte. Hainos tamén en Europa, en Polonia.


Nado en 1971 en Parada de Ribeira, Xinzo da Limia, Ourense. Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. Artista plástico multidisciplinar. Foi concelleiro do BNG no seu concello, un tempo.



Segundo o autor, está baseada nun relato homónimo de Iñaki Aranzabal e pertenceu ao proxecto expositivo 'Vidas Entrecruzadas' que se puido contemplar mes a mes na sala de exposición do Museo Municipal de Ourense. Nela mesturabase os textos de Aranzabal, coas obras de Carreira, unas en pintura, como esta, otras de escultura. E non faltaba a música.


Todo o recaudado coa súa venda foi/ía encmiñado á ONG 'Médicos Sin Fronteras'.

As dúas fotos son de Eliaz, de 'Ourense Tempo de Lecer'.

lunes, 13 de noviembre de 2017

A visita do exiliado Carlos Velo aos seus pais en 1967



A nai é triple, para o fillo...
Foi contra o fin de mes de maio de 1967 cando, segundo recolle La Región,El cineasta mexicano de origen orensano Carlos Velo’ chega a ‘Orense después de más de treinta años de ausencia para visitar a sus padres en Cartelle’. Aquela estadía breve e privada, pódese ollar convertida nunha gran exposición no primeiro andar do Centro Cultural da Deputación, quen patrocina a posta de largo da Fundación que leva o nome do director cinematográfico.


A escolla dos motivos das fotos polo mestre de cine céntrase nas persoas da súa familia dende a maxia da súa mirada: a súa nai Dolores Cobelo Alberte, e José Velo Castro, o pai, aos que non vira dende que tivera que fuxir de España trinta anos antes, en plena guerra civil. Ela, na horta ou no lavadoiro, posa co seu home para que o fillo teña un recordo deles cando estea no D.F.

A constatación de que Carlos Velo puso aquella os pés esta terra, autorretratándose cos seus pais. A parra sen amañar...
E Velo fillo retrátaa facendo as tarefas domésticas no entorno da casa da familia en Cartelle, mais nun momento ela rube ao primeiro andar para coller a medalla de ouro, e pendura a alfaia para as fotos. O seu home pasea con traxe e bolígrafo á vista, chaleco e garabata, cubríndose coa pucha, no que vemos, e tamén nos zapatos, o seu status social de médico. Resulta significativo decatarmos que nunha das diapositivas daquela reportaxe que lle chegou a Teresa, filla de Carlos e Mª Luisa Santullano, a primeira muller do cineasta, nunha das caixas que Carol de Swaan, a viúva, lle entregara, apareza a imaxe borrosa da nai na cociña, e noutra apareza por sobreimpresión de tres imaxes súas na horta e con mandil con unha tricefalia consciente, que non un erro xa que logo leva o nº 10.

Velo tira a diapositiva do seu pai diante da casa familiar, nenos e veciños,
dende o adro da igrexa.
As corenta e dúas fotos de 1x1m. forman na sala un plano-secuencia dun lugar e un tempo. Os positivos orixinais de 6x6cm. foron restaurados por Xulio Gil coa profesionalidade e calma precisa para facer a súa transferencia a papel. Este grande da fotografía é un ourensán profundo de Vigo, de relevante traxectoria individual xa dende os anos noventa, fixo o traballo necesario para que o comisario Xosé Enrique Acuña puidera desenvolver con brillantez a idea expositiva.



Coa Rolleiflex TLR, unha réflex con visor de dúas lentes, e os carretes de 120 ou 220 das películas Ektachrome de 100 ASA, de característico gran fino e bo contraste que facía Kodak cando a fotografía era analóxica e química, plasma as xentes do lugar con naturalidade, como si llas tirase sen se decataren cargando a cámara do pescozo. O pai coas vides agromando, ou na horta, co gato entre os pés, e no rueiro pola vila, no que atopan á mestra Carmen Armada, co leite, e a farmacéutica cos seus fillos, posando todos. Aqueles nenos son hoxe farmacéutica en Ourense, e veterinario, segundo nos dixo unha visitante. Eles poderán decatarse daquel momento casual das súas vidas revivido dende a maxia do posado co pai de Velo para a cámara de Carlos. E nós decatarmos como o grande cineasta mexicano entra na historia da fotografía galega.

Aquí tes a túa casa, fillo..., ben puidera ser o título desta intensa foto que ten categoria de ser a derradeira do relato cinematográfico.

***
A presidenta da Fundación e o Comisario o día da inauguración.

jueves, 9 de noviembre de 2017

‘Power, corruption & Lies’ de Luís San Sebastián

"Poder, corrupción e mentiras".




Ou ‘Power, corruption & Lies’, segundo o artista Luis San Sebastián, exposición da curadoría do profesor Ignacio Barcia, de BB.AA., Pontevedra.
Eis a penúltima das mostras deste Estado Crítico 3 coordinado polo profesor Xosé M. Buxán que está a desenrolarse con docentes da propia Universidade de Vigo na sala Alterarte do Campus de Ourense.



Aquel madrileño imparte escultura na cidade do Lérez, e ademais leva a coordinación da 'Sala X' dese Campus.

Escolleu así, ou por elo, a un artista de foral de Galicia, salmantino de patria natal, que traballa na actualidade dende un programa de doutoramento en que anda a pescudar as confluencias entre artes e a música. Será nos tempos contemporáneos, que durante a historia de Europa occidental hai casos canónicos ben coñecidos e dende Kandinsky tamén...


Así nesta exposición o discurso extráese daquel disco do grupo inglés New Order, polo que preside a posta en escena o seu vinilo vernizado sobre aluminio lacado e a caixa do vinilo.


E utilizáo como si dunha 'caixa de ferramentas' se tratase, con Jeremy Deller, nas entreteas, autor que fora Premio Turner en 2004, e que dende o seu predicamento leva tempo loitando dende a ironía contra a infantilización da arte.

lunes, 6 de noviembre de 2017

MANOLO DE BUCIÑOS E A COLECCIÓN ALTERARTE 2




A peza fundida por Manolo García de Buciños que se entrega no Premio Trasalba, a figura de D. Ramón Otero Pedrayo co caxato e o sombreiro, foi escollida polo mestre escultor para pasar a formar parte da Colección Alterarte, que leva o nome da sala de arte que ten a Universidade de Vigo no Campus de Ourense.



Amosouse nunha exposición colectiva na sala 0 do Centro Cultural da Deputación na compañía das obras de Lidia Alonso, Covadonga Barreiro, Marta Cerviño, Marcos Covelo, David Crespo, Dana Díaz, Olaia Fernández, Julia Ferradás, Maya Kapouski, Rosalía Pazo, Javi Moreno e José Luis Torrico ademais dunha peza de creación anónima incluída nunha mostra curada polo docente Javier Tudela


Rosalía Pazo Maside ('sustentando a tremoia' por Mar Caldas).






Todos eles pasaron pola mencionada sala dende o ano 2013 ata agosto de 2015 trala súa selección polos comisarios, e logo de amosar as obras doaron unha peza á Universidade: velaquí o xermolo da exposición. Todos eles formaron parte do proxecto 'Estado Crítico2 10 comisari*s 10artistas', profesores todos da propia Institución docente do sur do País Galego.




Anónimo e outras falcatruadas: sobre a autoría na creación contemporánea’ (Javier Tudela, comisario). Por trás, Dana Díaz: ’Transtranstranscendendo’ (por Susana Cendán). Arte e deseño.
Xosé M. Buxán Bran, o coordinador xeral e director da sala, coa indispensable axuda de Filemón Rivas, técnico de Actividades Culturais do noso Campus á fronte, prepararon estes fondos para compartilos coa cidadanía, un xeito de valorizar a creación artística e ao mesmo tempo de continuar a promover a arte dos artistas, os grandes protagonistas. Son trece os anos nos que Alterarte trae a Ourense este vento continuado de modernidade, un rol que dinamiza a nosa vida cultural dende a arte, unha aposta por dar a coñecer a novos creadores, mais sen desbotar a participación de recoñecidos artistas como 'Buciños'. O traballo dende a liberdade na escolla dos Curadores amosan, como se dixo na inauguración, “os fértiles camiños no que se desenvolve a plástica actual”.

David Crespo en ‘Co vento na cara’ (por Carlos Tejo) / Manolo García de Buciños: D. Ramón Otero Pedrayo (en ‘¡Alto, reivindicamos a forma!’ (por Mª Victoria Carballo-Calero).

En paralelo, presentouse o volume-catálogo que deseña Edenia, de Ourense, con Xosé Lois Vázquez á fronte, o que non é baladí, xa que logo formato e tipografía falan, amplifican e completan a aposta da UVigo. Nel podese atopar unha ampla información das mostras, artistas e curadores, nunha acción cultural docente que é un xeito de facer unitario.


Justin Beaver’ en Antropoloxía dos praceres virtuais(por Xosé M. Buxán Bran) / José Luis Torrico en ‘Mozas, amigos e cans(por Ignacio Pérez-Jofre).